viernes, 16 de febrero de 2018

Volta ao traballo

A concentración mental e fundamental para que o bo traballo saia a luz.

Gracias chicas.

Begoña e Teresa, Básico.



O século S.XVII chegou no Entroido, homenaxe ao Mardi Gras 2018

E as risotadas que nos votamos, que ... eh?!!
Na aula de deseño e encaixe de palillos, desfrutamos un montón co entroido.
Risas a borbotóns, delicias da terra e sobre todo moito encaixe cos nosos disfraces.

Grazas a todas. E a risa que non falte.

Feliz Entroido 2018!!!

Inda que xa pasou...
Grazas tamén a morritos Jager, axudou un montón

























































jueves, 11 de enero de 2018

Novo ano 2018, novas ideas

Dende a aula de Deseño e Encaixe de palillos os desexamos un FELIZ ANINOVO 2018, A TODAS E TODOS!!! Con esta flor de inverno.

Deseño e realización: Maria Falagan

martes, 19 de diciembre de 2017

Reformulando o " Ganapan"

O Ganapan é unha peza/aplicación de encaixe de palillos tradicional galega, que pertence directamente do encaixe de Cluny. As súas caracteristicas principais son: o punto de guipur con forma de folla montado no medio par e as ondiñas exteriores que van dando forma e esta aplicación.
Nos facemos simples cambios de cor o que da moito xogo visual.
Esta peza a principios de século XX, estaba destinada en moitas ocasións os xogos de cama das noivas, parte do que antes chamábase "axuar"(ajuar, en castelán). Por suposto, a súa cor era branca.

Aprendemos, dende a realización do deseño, co método port-a-port, ata a súa realización en distintos tamaños e materiais, coma o liño e a seda.

No pobo de Camariñas, as palilleiras din que e unha peza moi agradecida, posto que é relativamente rápida a súa realización, por iso fan o xogo de palabras: Gana pan.

Esperamos que os gusten.