martes, 23 de julio de 2013

Exposición Branco e Negro na Emao

Nesta exposición mostranse os traballos dos alumnos de toda a escola, nunha temática concreta como é o "Branco e Negro". Todalas actividades da escola xogaron con este termo tanto dun xeito figurativo como no concepto do mesmo. Convidamos a todolos alumnos a que disfrutedes desta exposición que ten como fecha de clausura o 3 de outubro en horario de 19 a 21 horas, todolos días laborables da semana.

Se os acercades, poderedes ver o noso traballo, un Xadrez no que se convina o xogo visual do taboleiro de xogo onde todolos espazos negros son distintos coas pezas de xogo en 3D, creando un ambiente de xogo propio dun Xogo de Tronos, no que se non gañas, morres!.

Dende aqui dar as grazas a todalas participantes, e especialmente ó grupo de Perfeccionamento II do curso 2012/2013, pola súa implicación no proxecto e a súa constancia.
PASADE POLA VOSA EXPO E....A DESFRUTAR DO MUNDO DO ENCAIXE DE PALILLOS!!!



Taboeiro de Xogo de Tronos
Pezas Brancas
Pezas brancas
Pezas negras

Pezas negras
Como curiosidade para as/os curiosos, curiosillos, contarvos que todalas pezas negras do taboeiro ten un distinto deseño e que cada parte e cada peza de xogo teñen un deseño distinto o que fai un xogo visual dependendo de como vexamos cada peza.