miércoles, 19 de marzo de 2014

Cocotte

O origami (折り紙) é a arte de orixe xaponesa do pregado do papel (literalmente significa "Pregar" (oru, 折る) "Papel" (kami, 紙), en galego coñécese como papiroflexia ou "facer paxaros de papel".
Pero este non foi a súa única denominación, xa que a través do tempo esta arte tivo cambios no nome que a identifica. 

Nos primeiros séculos da súa existencia chamábaselle Kami, homónomimo da palabra que empregan para espíritos dos deuses, polo significado que se creara para o papel. 

Pasaron os séculos e tomou o nome de Orikata, que se traduce por exercicios de dobrado
Non foi ata 1880 que apareceu a palabra Origami a partir das raíces Oru e Kami, antes mencionadas. 

Nun dos centros importantes para o xénero do Origami en España, pola súa influencia musulmá, foi onde asignaron o vocábulo Papiroflexia á arte xeométrica de facer pregados para conseguir figuras de papel. O termo inglés é "Paper Folding" que ven a traducirse por papel pregábel.
Miguel de Unamuno, grande afeccionado a facer figuras de papel, chamaba a esta arte Cocotoloxía, pola palabra en francés Cocotte (Paxaro).


Non se nos esquece este termo, se non que lle damos unha volta e obviamente relacionámolo coa nosa disciplina, a arte de dobrar fíos para levalos cara a onde nós queremos, e neste caso cara ao 3D. Go!!


Deseño e traballo realizado en técnica mixta de encaixe de palillos, por Natalia Touriño, con fios de algodón.
Paxariña de encaixe de palillos. Deseño e relización, Natalia Touriño.

Paxariña de encaixe de palillos. Deseño e relización, Natalia Touriño.

Desfrutade coma nós de traballos tan divertidos coma este.!!!

martes, 4 de marzo de 2014

Martes de entroido 2014

Como en clase de historia do encaixe, estamos a ver a época barroca e este ano é o ano do aniversario do Greco, decidímonos a disfrazarnos todos os grupos do devandito pintor.
 

E ao mesmo tempo reirnos un pouco formando o grupo de "As grecas". (... estouche a tecer locamente...)ggg.
 

Bo entroido a todas e todos.



Elena, pinta que te pinta.

As grecas

As grecas. Natalia, Ángeles, Paula, Marina y Cris. Algunhas alumnas de Iniciación A.
Unha greca, visita o aula de pintura.
Alba Pardo, profe de Serigrafía artistica.
Federico Fdez. profe de dibujo e uns pequenos fans.
Ángela unha greca sorprendida, que andaría a facer!! Perfecionamento I. Con Marina e Nuria.
 Ángeles, Paula, Marina e Cris. Iniciación A.




Perfecionamento II e Perfecionamento I. Menudas grecas sonche.
Perfeccionamento II. Grecas moi "cool"

Sempre diversión e tecido.
Miercoles de ceniza, aparecen las princesas de Evoli.




Iniciación C, se muere de risa.