domingo, 31 de julio de 2016

Vexo Verán

Bo verán a todas/ todos.
Desfrutade moito do calorciño e collede forzas a esgalla.

BO VERAAAAAAAN!!!!!


Deixamosvos cunha pulseira moi veraniega.




Monografico de iniciación ó Encaixe Ruso ( Vologda)

Despois dun curso moi intenso, comenzamos un cursiño moi divertido e intenso tamén de encaixe de Vologda (Rusia).

Neste monografico de 30h, vimos paso a paso a importancia do proceso de traballo, preparando o esquema de traballo, pasando polo deseño o picado e o resultado final do encaixe esta vez formando cintas que confluen nun traballo moito mais inxenioso.

Velaí o noso monografico de verán, cunha produción moi intensa, e un bo rollo espectacular.


O proceso de traballo, na libreta de apuntes de encaixe.







O grupo


Unha boa libreta de apuntes axudanos ó noso traballo.
As libretas quedaron moi curiosas.




Si o sei... non saio na foto



jueves, 14 de julio de 2016

Unha peza sobre as sombras do Románico vigués. 800 anos de Sta. Mªde Castrelos

Dende o aula de, Deseño e Encaixe de palillos da EMAO, os invitamos a que fagades un percorrido visual polo ESPAZO EMAO, obras de escultura, coiro, ouriveria, pintura, debuxo, instrumentos musicais tradicionais, luthería antiga, serigrafía e cerámica, descubrireis unhas obras relacionadas co románico vigués, en especial a nosa peza.

Achegadevos, e visualizade esta peza dende distintos ángulos, vos sorprenderá o efecto visual que aparece coa nosa obra, creada en puzzle para transmitir un efecto tridimensional/bidimensional (dependendo de donde fagamos a nosa ollada). 

Descubride como a luz o cambia todo.

Desfrutade da exposición de proxectos 2016.


Fachada de Sta.Mª de Castrelos, ula de Deseño e Encaixe de Palillos


domingo, 10 de julio de 2016

Así aconteceu o final de curso 2016


A festa na aula

Superior A e máis Perfeccionamento II...Lupe sabemos que estás ahí, non te achantes



Todo boísisisimo

A exposición de:  Sta. Maria de Castrelos 800 anos de Románico e hermanamento coa escola no seu 130 aniversario.
A nosa obra parte da idea dun puzzle realizado en tres pezas: A fachada, o vano da fachada e máis a entrada principal, tres pezas que dependendo onde se coloque o espectador den unha sensación de tridimensionalidade ou non.
Conceptualmente, o encaixe, (realizado polos grupos Superior A/B e Perfeccionamento II) representa a contemporaneidade, logo as pezas se unen na sombra, plasmando na parede o pasado que é o Románico vigués.






Agora co diploma na man os escondedes da mestra, non?




Unha boa cea para recuperar as forzas de todo un día cheo de emocións. Superior B, a topeee coas compañeiras de proxectos2015.



Un bo, "Ribera del Duero", no "Lume de Carozo"








A entrega de diplomas 2016


Parabéns polo bo traballo que realizastes durante todo o ano.
Good time!!